Houbo un tempo en que todo xiraba ao redor do mar. O transporte de persoas e mercadorías dependía fundamentalmente dos barcos que funcionaban coa forza dunha comunidade de brazos unidos nun só corazón. Naquel tempo a música converteuse en algo máis ca lecer; era un diapasón que acompañaba e sincronizaba. Os cantos do mar transformáronse no latexo ao unísono de centos de homes embarcados que vivían con dureza lonxe das persoas que amaban, queimados polo sol e bañados polo sal. Este libro recolle unha compilación das principais toadas mariñeiras que soaban nos navíos que cruzaron océanos dende o século XVI. Achegarse ás súas letras e melodías é viaxar cara atrás no arrolo das ondas. Un anaco de nostalxia pero tamén de presente, pois no fondo seguimos a ser nautas nun espazo infindo cheo de estrelas.
Bosco Gil de Gárate (Madrid, 1980) e Susana Rodríguez Barcia (Vigo, 1977) son un músico e unha lingüista que investigan dende 2018 as orixes na tradición anglosaxoa da lírica do rock e o pop. Ademais de compositor e multinstrumentista nas bandas Family Folks e Lorre, Bosco é tradutor e poeta. Susana é profesora na Universidade de Vigo, onde estuda a relación entre discurso, ideoloxía e sociedade. Ambos comparten a paixón pola música e a literatura.
Editorial Morgante: 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 356
____
Editorial: Morgante 10- 2024
Idioma: Galego