A Asociación Cultural A Cepa vén de publicar libro, "As escolas de Cangas", onde fai un percorrido fotográfico pola evolución dos centros de ensino no municipio dende 1910 ata a actualidade. A intención do colectivo é visualizar os cambios que tiveron lugar no último século no eido do ensino e no conxunto da sociedade.
O PREZO DE VENDA EN TENDA É DE 15 €
A Asociación Cultural A Cepa vén de publicar o seu último libro, "As escolas de Cangas", onde fai un percorrido fotográfico pola evolución dos centros de ensino no municipio dende 1910 ata a actualidade. A intención do colectivo é visualizar os cambios que tiveron lugar no último século no eido do ensino e no conxunto da sociedade. A obra, coa que se homenaxea tamén aos mestres, é froito dun minucioso traballo de investigación que permitiu aos seus autores facerse cun grande arquivo fotográfico. A maioría das imaxes son cesións de particulares, pois en moitas escolas apenas se conserva documentación. Comprender a evolución da educación e dos centros escolares ao longo dos últimos 100 anos e, á vez, permitir a moitos veciños de Cangas recoñecerse en fotografías da súa infancia son dúas das principais vantaxes que ofrece o libro "As escolas de Cangas", que onte presentou oficialmente a Asociación Cultural A Cepa.
Trátase dun ameno percorrido de 220 páxinas e 240 fotografías que amosan as condicións das antigas escolas unitarias do municipio, pasando polas diferentes etapas históricas e cambios sociais, ata acadar os actuais centros escolares de primaria e secundaria, máis pendentes das últimas tecnoloxías da comunicación que da vella pizarra que acompañaba, de xeito individual, a cada un dos protagonistas da primeira parte do libro. Curiosamente o director da obra colectiva, Fernando Cuñarro, lembra que só están restauradas dúas destas antigas institucións: a Escola Vella de O Hío e a Escola de Barbicas, no adro da ex colexiata. A maioría das fotografías foron doadas por particulares que as gardaban nas súas vivendas, e destaca a baixada de material gráfico que os membros de A Cepa atoparon na década de 1940, cando as necesidades propias dos chamados "anos da fame" non permitían luxos como as fotografías, "destes anos só atopamos dez imaxes", apunta Cuñarro. Máis alá de amosar os cambios experimentados polos nenos e mozos de Cangas co paso das décadas, os autores tamén pretenden renderlle unha homenaxe aos mestres "heroicos e sufridos" que se atreveron, nalgúns casos, con clases de máis de cincuenta alumnos. Pese a tratarse dunha obra eminentemente gráfica, tamén conta con varios textos explicativos e con cunha selección de fragmentos de obras de varios autores así como algún texto legal que explica a situación do ensino na época. Este é o caso do Real Decreto sobre a Obrigatoriedade do Español de 1902. "Tamén tratamos de introducir uns pés de foto con moitos datos, porque nestas obras é o que máis se le". O libro, froito de varios anos de traballo investigador. As fotografías foron tratadas por Xosé Luís Lorenzo "Colón", e os textos os redactaron Alfonso Marcos, Xoán Carlos Chillón, Xerardo Dasairas, Serafín Parcero e Maite Herrero.

____