AILLADOS (A MEMORIA DOS PRESOS DE 1936 NA ILLA DE SAN SIMÓN)
€16,50
ISBN 9788476801789
A illa de San Simón, desde 1936 campo de concentración e cárcere, perdeu a súa vella historia de cenobio e lazareto para converterse en memoria da guerra.
Alí sufriron e morreron centos de homes por seren fieis á súa patria e a unha Constitución que tamén xuraran os seus carcereiros. Mozos e vellos, comunistas, socialistas, nacionalistas ou simplemente republicanos, patriotas todos, puideron coñecer por medio do inspector Lago Búa, do tenente Rabioso ou do xesuíta Padre Nieto o que ía ser a Nova España.
____
Editorial: Ir Indo
Idioma: Galego