Neste libro recóllese a toponimia galega, antiga e actual, de orixe celta, interpretándose nomes de lugar que ata o de agora permanecían inéditos e perdidos para a causa celta, verbigracia: Glandomiro, hoxe transformado en Brandomil.
Neste libro recóllese a toponimia galega, antiga e actual, de orixe celta, interpretándose nomes de lugar que ata o de agora permanecían inéditos e perdidos para a causa celta, verbigracia: Glandomiro, hoxe transformado en Brandomil. O autor presenta, xunto cos topónimos galegos de procedencia celta, as súas correspondencias peninsulares e europeas, documentadas noutras terras onde así mesmo viviron os celtas; caso, con relación ao devandito Glandomiro, dos topónimos galeses Glanofon, Glandwr e Glanmwrwg, dos escoceses Gleann e Gleann Dubh e Gleann dá Locha e do bretón Glenneg. Grazas aos topónimos o autor presenta, fronte ao anticeltismo de determinados ambientes académicos, claramente celtoescépticos, probas toponímicas que demostran, de acordo e en coherencia coas noticias dos autores clásicos, a presenza na antiga Gallaecia de pobos de etnia e cultura celta.

____