Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A ROTA DO OESTE

€19,00
ISBN 9788417824037
O islandés Gudmund Arnórsson emprende a vella rota que os seus predecesores tardoviquingos inauguraran moitos séculos atrás, o Vestvegr. Desde Ribe, en Xutlandia, navega até chegar ao porto de Ferrol. Axéxao un pasado cheo de fracasos e turbacións.

Ana Saavedra artella unha ambiciosa publicación. Interésase por algunha persoa escandinava que queira envolverse na iniciativa e na que Gudmund Arnórsson participará de bon grado. Como nunha sorte de road movie, o lector verase deste xeito mergullado nunha vertixinosa aventura de persecucións, contrabandistas, enganos e dilemas éticos. Unha trepidante narración chea de intrigas e sorpresas en que, xunto con Ana e Gudmund, a indómita paisaxe islandesa, un mar de tormentas, Ferrol e o Camiño Inglés virán a converterse en verdadeiros protagonistas do relato.    

____

Editorial: Embora
Idioma: Gallego