O librodo subsidio.
O cobro das taxas coñecidas como subsidio e décima -pagadas por tódolos beneficios eclesiásticos dunha diocese ó Papa e ó rei- levou consigo o nacemento dun tipo de documento moi especial: a taxación ou libro do subsidio, no que figuran todas e cada unha das igrexas, ermidas... e leva indicación da cantidade que lle corresponde pagar a cada unha delas. O libro do subsidio conservado no Arquivo Catedralicio de Santiago foi elaborado nos últimos anos do século XV e a través del é posible obter unha visión panorámica do estado da diocese nese momento. Un breve estudio introductorio acompaña á edición do manuscrito, contextualizando o seu contido e circunstancias de elaboración.
Mercedes Vázquez Bertomeu (Vigo, 1966) licenciouse en Xeografía e Historia en 1989 na Universidade de Santiago, onde se doutorou con Premio Extraordinario en Historia en 1996. A súa carreira investigadora desenvolveuse nesa Universidade e no Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC), onde na actualidade traballa con documentación da Galicia medieval, especialmente de carácter eclesiástico. Entre as súas últimas publicacións
* destaca La hacienda arzobispal compostelana. Libros de recaudación (1481-
83 y 1486-91), 2002
____
Editorial: Lóstrego 2003
Idioma: Galego
Páxinas: 200
HISTORIA
SANTIAGO