Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

ELISEO PARRA. NUNCA PERSEGUÍ LA GLORIA

€22,00
ISBN 9788469748374
O libro leva un CD de agasallo que contén unha selección de 16 temas representativos da súa evolución musical.

Nesta obra, escrita polo periodista e músico Rafael Alba, e con prólogo de Fernando Neira, aparece reflectida con detalle a biografía de Eliseo Parra, o músico de Sardón de Duero (Valladolid) que pasou por case tódolos estilos musicais e que vivíu en varias cidades como Barcelona, Bilbao, Valencia, Madrid, Ibiza... ou Candeleda (Ávila), onde reside actualmente. Non o dubiden. Se Eliseo Parra tivese nacido en Alabama, calquera afeccionado español á música coñecería a súa biografía, a súa vida profesional e as súas cancións. Pero Eliseo é natural de Sardón de Duero, un pobo de Valladolid. Converteuse en músico profesional en Barcelona e gravou a súa Tribus hispanas (o disco fundamental do folk español nos últimos anos do milenio) en Madrid. Talvez por iso, a figura de Eliseo Parra non acadou a relevancia que merece. Con todo, o tempo colocará a este excepcional artista no lugar que lle corresponde. Eliseo investigou a música tradicional ibérica, rescatou ritmos e instrumentos e revitalizou o legado popular para asegurar a súa viabilidade futura. Un traballo coidadoso e enérxico, tan relevante como o que fixeron noutras latitudes bandas veneradas como Led Zeppelin, que inxectou electricidade aos vellos blues. Ademais, Eliseo foi testemuña privilexiada, e protagonista, dos principais movementos artísticos procreados nas últimas cinco décadas. Desde os primeiros conxuntos xurdidos tras o contaxio do fenómeno beatle á explosión do rock layetano, pasando pola eclosión dos cantautores, o reinado da salsa, a modernidade impostada da década dos oitenta e a explosión das músicas do mundo. Unha historia de honestidade, paixón musical e acontecementos compartidos que tiña que ser contada.  

____

Editorial: Libros Canela
Idioma: Castellano