Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

MARGARET BOURKE-WHITE: FOTÓGRAFA

€12,00
ISBN WP7774
Margaret Bourke-White é unha fascinante figura do pasado século, non só polo que achegou á fotografía, senón polo seu papel como referente na loita polos dereitos da muller nun ámbito eminentemente masculino. A súa carreira como fotógrafa comenzo na universidade, con apenas 21 anos.

Pronto foi recoñecida na profesión por ser a primeira en retratar o ámbito da metalurxia, captando imaxes de carácter experimental baseadas no contraste entre luces e sombras e en coidadas composicións, nas que xoga coa xeometría. As súas instantáneas do Chrysler Building lanzárona á fama. A prestixiosa revista Life publicou as súas reportaxes iniciais, nas que buscaba contar historias. Viaxou ao interior dos EE. UU. nos anos da gran depresión e á descoñecida Unión Soviética, chegando a ser a primeira muller correspondente de guerra durante a segunda guerra mundial. Foi tamén a primeira en mostrar os ataque aéreos ou o horror dun campo de concentración nazi. Viviu a independencia da India, realizando as últimas instantáneas de Gandhi con vida, retratou a Sudáfrica do apartheid e cubriu a guerra de Corea, o seu último traballo.  

____

Editorial: AFUNDACIÓN
Idioma: Castellano