Catálogo da exposición de Graciela Iturbide, fotógrafa e realizadora cinematográfica mexicana, alumna nos seus comezos de Manuel Álvarez Bravo. Ben coñecida tanto nos EE. UU. como en Europa, Graciela Iturbide mostra as culturas da América Central abordando todo o que fotografa con xenerosidade e unha aparente simplicidade que desconcerta e atrapa a mirada.
Este catálogo comprende imaxes do Panamá dos anos setenta, en tempos de Omar Torrijos; imaxes de México, mulleres e nenos de Juchitán de Zaragoza (Oaxaca), do deserto de Coahuila, do deserto de Sonora, de Chiapas, do Distrito Federal…; e imaxes dos cholos de Los Ángeles nos anos oitenta. Textos: Carolina Martínez Gila, Christian Caujolle, Olivier Debroise, Raquel Tibol, Roberto Tejada, Elena Poniatowska.
Idioma: Castellano

____
Editorial: AFUNDACIÓNIdioma: Castellano