Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

EDELMIRO MÉNDEZ. DA TERRA QUE FOMOS

por VV.AA.
€35,00
ISBN 9788409411382

O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz, contén 226 fotografías das que 219 foron tiradas en branco e negro por Edelmiro Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lugués da Pontenova, conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se consolidaría anos despois.

A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen mantiñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por ter exercido anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo.

O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, divertimentos, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo, etc.

Completan a obra os textos de bos coñecedores do traballo fotográfico de Edelmiro Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José M. Salgado, fotógrafo profesional e editor gráfico desta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.

Ademais, cada libro vai acompañado de dous fermosos marcapáxinas exclusivos.

El cuarto volumen de la colección IMAXES DUN PAÍS, que ahora sale a la luz, contiene 226 fotografías de las que 219 fueron tomadas por Edelmiro Méndez entre los años 1957 y 1964 en el actual ayuntamiento lucense de A Pontenova, conformando un conjunto de gran valor histórico, etnográfico y documental que representa la sociedad local tradicional, reconocible aún por muchas personas, cuando iniciaba la transformación que se consolidaría años después.

A través de una mirada limpia y ordenada, llena de magia, los sujetos trascienden el objetivo de la cámara fotográfica mostrando una profunda complicidad con el fotógrafo, con quien mantenían una relación próxima propiciada por su empatía y por haber ejercido anteriormente como zapatero y gaiteiro, y también porque su esposa Pilar regentaba una taberna en Xinzo.

El discurso visual del libro recorre el ciclo vital de las personas, que el fotógrafo registra desde el nacimiento hasta la muerte, en las fiestas lúdicas y religiosas, romerías, juegos, diversiones, bodas, mallegas y otros aspectos del ciclo agrícola, festivo, etc.

Completan la obra los textos de buenos conocedores de la obra fotográfica de Edelmiro Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, su hijo mayor; José M. Salgado, fotógrafo profesional y editor gráfico de esta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropología visual y docente en la Universidad de Vigo, y Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo y escritor.

____

Editorial: Libros Canela 08-2023
Idioma: Galego