Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

TRANVÍAS DE FERROL

€12,00
ISBN 9788495625540

A Gaceta do 16 de outubro publicaba a Real Orde do 19 de setembro de 1914 pola que se aprobaba a concesión para a explotación dun tranvía con motor eléctrico desde Ferrol ata Santa María de Neda a D. José Fernández Solórzano, quen a solicitaba no ano 1904. Tras a oportuna captación de capital, tanto na comarca ferrolá como entre a emigración (principalmente cubana), constituíuse a empresa «Tranvías de Ferrol, S.A.», co seu proxecto dividido en tres tramos: Porta Nova ao Portádego de Jubia; Portádego de Jubia a Neda; Porta Nova ao Peirao de Ferrol.

A primeira liña, desde a Porta Nova ata o Portádego de Jubia, é a única que funciona entre os anos 1924 e 1931. No ano 1932 incorporáronse os traxectos entre o Portádego de Jubia e Neda, e entre a Porta Nova e o Peirao de Ferrol. Os tranvías iniciaban a súa xornada saíndo de Cocheiras (Freixeiro, Narón) á cinco e media da mañá, e a última viaxe partía de Ferrol ás dez e vinte da noite, chegando ata Neda antes de regresar de retirada a Cocheiras. Na década de 1950, cando case non circulaban automóbiles e os taxis eran moi poucos, chegaron a transportarse máis de catro millóns de pasaxeiros ao ano. A vida dos tranvías estenderíase desde o 28 de agosto de 1924 ata o 3 de xullo de 1961, data en que o último tranvía entrou en cocheiras, facéndose cargo de todos os roteiros os autobuses que iniciaran a substitución un ano e medio antes: o 27 de xaneiro de 1960 (Fraga Rodríguez, 2002; Llorca Freire, 2008).

 Fonte: Buxa 2009

____

Editorial: Espiral Maior 11- 2002
Idioma: Galego