Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893-Nova York, 1983), conservadorada Hispanic Society of America, ficou na periferia dos rexistros literarios galegos durante case un século, mesmo malia ser a maior tradutora de Rosalía de Castro co par galego-inglés ata 1964.
Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que, consonte o investigado por Alba Rodríguez Saavedra, desde 1939, operaron e operan para manter afastada do noso sistema Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.
Nela, ademais das devanditas traducións e de presentar unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica, literaria e etnográfica, reflíctese con claridade, a través da cesión da palabra ás protagonistas, a dureza da vida das mulleres rurais da altura, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Ruth Matilda Anderson, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, reivindicou a Galicia do campesiñado, das mulleres e da infancia, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica. Esta subversión, baseada nun proceso de tradución de dobre vía (galego-inglés e inglés-galego), puido ser, consonte se argumenta neste libro, o motivo da súa expulsión ás marxes, desde onde agora é reclamada para recuperarmos os testemuños dun tempo e dunhas vidas quese nos ocultaran.
ÍNDICE
Leiteira sen nome..
Marilar Aleixandre
Entre as mulleres rurais e fóra do canon. Ruth Matilda Anderson e o seu libro Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña... 11
Ana Cabana Iglesia
Ruth Matilda. Traductora das marxes
Sentando os alicerces: a evidencia da invisibilización de
Ruth Matilda Anderson..
«Unha especie de experimento»
Galicia, unha terra de mulleres contada por homes..
«Esta terriña meiga»
A elisión de Ruth Matilda Anderson.
Entre o canon e a periferia. A tradución bifida...
A inevitable arañeira das estratexias de manipulación
Para poñer o ramo.
Milleiros de grazas.
Referencias..
Alba Rodríguez Saavedra é tradutora, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. As súas liñas de estudo principais, asentadas en feminismo e tradución, céntranse na análise das manipulacións arredor da moura e da cailleach, e o seu traballo de investigación A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegas. Elas, as elididas, a través de Ruth Matilda Anderson recibiu o Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma, do Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña 2023.
---
A grande obra de RUTH MATILDA, dispoñible na nosa we.
UNHA MIRADA DE ANTANO:
FOTOGRAFÍAS DE RUTH MATILDA ANDERSON EN GALICIA,
____
Editorial: Laiovento 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 199
ENSAIO
FOTOGRAFÍA