O presente libro é unha escolma do traballo que Tino Martínez realizou entre 1982 e 2009 na Amil -a xente de Moraña sempre di A Amil- na romaría dos Milagres, ben representada no volume Ex-votos. Algunhas persoas retratadas nesa obra aparecen nesta nova entrega, no mesmo espazo e día, pero trátase de tomas diferentes. Así, a nai que leva na cabeza un ataúde branco (e un meniño no colo, que canso se apoia no seu ombreiro e tapa os olliños coas súas mans), coa fachada do santuario no fondo no final da procesión) tomén a vemos agora: esa nai coa mesma caixa durante a procesión (cunha árbore como telón de (ando) e co mesmo meniño, incorporado e mirando cos seus olliños ben abertos... cando en realio ese meniño era cego; e o mesmo ocorre con diversos retratos de mulleres, coma o da velliña s
Ja on actitude de sereno recollemento, allea á cera da
candea que case lle pinga na man.
O santuario da Amil, que naceu da aparición milagrosa dunha fonte que a Virxe disque fixo aparecer a finais do século XVIII para un canteiro que levaba os bois rebentados de sede, é un dos santuarios galegos que mete máis xente, que é como popularmente din nas terras de Moraña da mo-aumental aglomeración humana que alí se xunta o día grande da romaxe (o domingo de setembro espois do día 8) e na véspera dese día. Moitas persoas acoden, mesmo de lonxe do concello, nos lías previos do novenario e nos posteriores da oitava (festa da Guadalupe), co que a romaxe dura en quince días. Na Amil hai dúas igrexas, o santuario dos Milagres, que está na carballeira; e a arroquial, co seu cemiterio, a carón da casa reitoral, onde se forxou boa parte da organización das nilicias populares que venceron as tropas napoleónicas na ponte Taboada - na estrema de Moraia con Cuntis- en Tivo e na reconquista de Pontevedra en 1809.