RANIERO FERNÁNDEZ: O ARQUIVO
Raniero Fernández (Vigo, 1909-1999) realiza, durante as décadas cincuenta e sesenta do século pasado, unha interesante obra fotográfica que, co paso do tempo, adquiriu gran relevancia. A súa actividade como fotógrafo está estreitamente vinculada coa que desenvolveu como presidente da Agrupación Fotográfica Gallega durante o período en que esta estivo máis activa. Lonxe da estética do pictorialismo tardío que caracteriza a fotografía afeccionada dese momento, moitas das súas imaxes lémbrannos o traballo de figuras como Cartier-Bresson e a Doisneau; dun xeito moi particular, a extensa serie que realizou no porto de Vigo. Por outra banda, cabe resaltar os proxectos consistentes en fotografar de xeito sistemático os hórreos e os cruceiros a través da xeografía galega.
Cómpre ter presente que toda a actividade fotográfica non profesional durante os anos cincuenta e sesenta se realizou no seo destas agrupacións e esta era a máis activa das galegas. A Agrupación Fotográfica Gallega potenciou o debate entre as novas propostas fotográficas, representadas por Ricard Terré, e a fotografía que se estaba a facer nas agrupacións. Pero, como posteriormente diría Terré, en Galiza houbo fotógrafos que realizaron unha fotografía diferente á doutras agrupacións, menos pomposa e menos académica.
As súas imaxes están lonxe da estética do pictorialismo tardío que caracteriza a fotografía afeccionada dese momento. Moitas delas lémbrannos a Cartier-Bresson e a Doisneau; dun xeito moi particular a extensa serie que realizou no porto de Vigo. Por outra banda, cabe resaltar os proxectos consistentes en fotografar de xeito sistemático os hórreos e os cruceiros a través da xeografía galega, nos que, segundo dicía, perseguía replicar en fotografía o que Castelao fixera debuxando. Esa mesma procura arquivística empregouna tamén ao abordar a ourivería relixiosa, xerando series moi afastadas da estética concursística que hoxe, á luz da fotografía contemporánea, adquiren un importante interese e nos traen á mente a obra de artistas coetáneos.
Todo isto explica a pertinencia de revisar a obra de Raniero desde unha óptica actual pero contextualizándoa na súa época, para o que se incluirán na exposición obras doutros fotógrafos como Ferrol, Losada, Rueda, Schmidt de las Heras, Terré, Veiga Roel e Zamora.
-----
Raniero Fernández (Vigo, 1909-1999) realizes, during the decades fifty and sixty of the past century, an interesting photographic work that, with the step of the time, purchased big relevance. His activity how photographer is closely linked with the that developed how president of the Photographic Grouping Gallega during the period in that this was more active. Far of the aesthetics of the pictorialismo late that characterizes the amateur photograph gave moment, many of the his images remember the work of figures how Cartier-Bresson and the Doisneau; of a very particular way, the extensive series that realized in the port of Vigo. By another band, fits to highlight the consistent projects in photographing of systematic way the hórreos and the cruceiros through the Galician geography. All this explains the relevance to review the work of Raniero from a current @óptico but contextualizándoa in the his period, stop what will include in the exhibition works of other photographers how Ferrol, Losada, Rueda, Schmidt of wools Heras, Terré, Fertile plain Roel and Zamora.
_____
Editorial: XUNTA 05-2024
Idioma: Galego/Inglés