Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GALEGOS NA DIÁSPORA

€24,50
ISBN

Un proxecto de fotografía documental con viaxes realizadas entre 1989 e 2009 na procura da diáspora galega nos cinco continentes.

O proxecto está divido en viaxes a continentes: Europa, As Américas, Asia e Oceanía, Rusia, África, Estados Unidos e América Central. No mesmo, o autor mistura textos e fotografías en branco e negro de galegas e galegos cos que falou en cada etapa. Da primeira edición en 2009 a tirada foi de 500 exemplares, e no 2017 o autor reeditou o libro en tamaño A5. En 2022 unha nova reedición cos textos orixinais en galego espera procurar o obxectivo de acadar fondos para unha terceira impresión.

O traballo de documentación do proxecto para atopar emigrados nos países a visitar, organizouse nas primeiras viaxes por medio de contactos por carta, fax e teléfono ao non existir internet.

O traballo de campo tambén facilitou moito a procura de galegas e galegos en lugares moi remotos. O autor levou a cabo o proxecto co seu propio orzamento e unha pequena axuda ao comenzo da primeira viaxe. O libro foi presentado na Library of Congress de Washington e a Cuny de Nova Iork, pero nunca en Galicia, polo pouco interés neste tema da Historia galega.

Personaxes que conviviron con nomes galegos no exilio como foi Emilio González López con Castelao na súa estadía en Nova Iork, María Casares en París que a pesar de levar a Galicia moi dentro todavía non foi recoñecida como se merece.

Obreiras, mestres, xente galega que nunca máis voltaron a súa terra, por diferentes motivos, ainda que nunca a esqueceron.

Delmi Álvarez, como autor comprometido co seu país e a cultura, adica este traballo persoal a Diáspora Galega na que os seus propios avós, como outros miles fixeron por Galicia, construiron o país, escolas ou hospitais. A Diáspora Galega é parte dun éxodo que algúns autores e artistas reivindicaron nas súas obras dende lonxe para lembrar a desmemoria histórica e o valor de miles de mulleres e homes que fuxiron co pouco que tiñan a mundos diferentes con lingoas distintas, padecendo miseria e discriminación pero tambén construindo unha sociedade forte como o foi a Diáspora en Cuba, o lugar onde naceu o himno galego.

O libro recolle testemuñas diversas de persoas emigradas, doutras esquecidas nun hospital psiquiátrico donde un galego enfermo axudaba a administración diaria das pastillas dos seus compañeiros.

O exilio supuso para moitas delas a única saida a liberdade deixando atrás todo. Na Arxentina, Castelao loitaba co Sempre en Galiza, ben cos seus debuxos,libros,artigos ou pensamentos, como protesta a situación de persecución e represión contra pensamentos diferentes.

Agás 2009, en todas as demais viaxes Delmi fotografou con dous corpos de Nikon FM2 e película TRIX que ía revelando el mesmo durante as viaxes. A equipaxe estaba formada por unha mochila con algo de roupa e dúas malas de aluminio cunha pequena ampliadora instalada no interior dunha delas.

Vos preguntaredes o motivo de levar tanta ferramenta en cada viaxe, pero tiña a súa lóxica, propio da experiencia acadada ao longo do tempo. Os escaneres dos aeroportos eran tan potentes que velaban as películas. De feito, nunha viaxe a Cuba a aerolínea Iberia perdeu unha das bolsas onde levaba negativos xa revelados. En Guinea Ecuatorial sacou as películas agachadas en partes da roupa e as botas, aínda así tivo que pagar moitas mordidas en países africanos, como en Tanzania, que a piques estivo de ser asaltado por ladróns. En Mozambique pillou a malaria e os Médicos sen Fronteiras coidaron del durante unha semana. En Salvador de Bahía infectouse co dengue mentres fotografaba aos nenos que buscaban cousas de valor entre o lixo.

A metodoloxía de Delmi no traballo de campo ten unha parte de antropoloxía visual do que fotografía. Ademais de captar cunha ollada persoal cada situación, tambén é moi importante a documentación do instante, datala e escribila nas libretas de viaxe. 20 libretas en diferentes formatos, de peto, son imprescindibeis para o traballo en cada xornada. Lembremos que antes de adicarse a fotografía, xa gostaba de escribir, e foi en Canarias cando mercou unha cámara Zenith a un mariñeiro ruso.

O concepto de autor para este tipo de traballos documentais é moi importante, xa que lle da liberdade para ir construindo unha maqueta do libro que foi diferente ao principio, da primeira viaxe por Europa.

Polo tanto, cada noite, despois dun día recollendo información, texto e foto, Delmi comeza o protocolo e ritual, case sagrado, no que organiza esa información para deixala lista: o que poidas facer hoxe non o deixes para mañá. A súa testemuña queda preparada para o que poida acontecer ao día seguinte, sexa o final do mundo ou desaparezca por unha semana nalgún lugar, preferible praia, sen agobios de xente e disfrutar coa natureza. O traballo, polo tanto, quedaba feito, a memoria as veces, xoga malas pasadas e non lle mola repetir a mesma viaxe.

A independencia que ten o autor para construir a súa obra libremente non ten prezo, por iso, esa é unha pequena parte da súa metodoloxía, que con dubida compartir nos seus seminarios ou obradoiros.

No ano 2009 milleiros de galegos emigraron á diáspora pola necesidade de buscar emprego. Entre eles hai unha serie de universitarios que, marxinados nas súas propias facultades, teñen maiores posibilidades de poder seguir investigando antes de verse acurralado en calquera departamento.

Fuga de cerebros é un documental de catro parellas de científicos galegos que viven e traballan en Colonia (Alemaña), Estocolmo (Suecia), París (Francia) e Birmingham (Alabama), lugares onde os seus coñecementos están máis recoñecidos que no seu propio país. Neste tráiler falta a parella de Alabama que tamén foi documentada.

A curta trata de entrevistas no entorno do lugar onde residen os científicos galegos. O proxecto quedou sen rematar (postprodución) pola falta de apoio, axuda e interese que lles permitise seguir editando os filmes realizados durante varios meses. O proxecto non conta con financiamento público nin privado e é responsabilidade do propio autor.

Emisión: O documental estaba previsto que fose coproducido coa TVG no ano 2009, pero cun cambio político na dirección dos informativos da TVG decidiron non coproducir nin proxectar e seguiron sendo posproducidos.

Cámara: Sony Z1

Realización: Delmi Álvarez

Lugares: Estocolmo, Alabama, París, Colonia


"Delmi Álvarez escolle o lugar de traballo como espacio para connotar- ; o estilo visual que devén do universo dos álbumes, aquí con protagonista colectivo que non é el propio ao se deixar fotografar, se non o cidadán esquivo dunha nación con moi pouco poder, que nen sequer lle reclama ó fotógrafo unha copia para o seu desordeado e anacrónico álbum particular. É o metodo como parte da creación de senso: cada Nadal, cada pasaxe de ano, Delmi seguirá un itinerario para despois saber, como o sabe agora, que cómpre recomezar". Margarita Ledo Andión. Compostela, 1993.

"Toda migración é violenta, toda ela resultado dun rexeitamento inxusto pola tribo de nación, que non é quen de garantir acubillo e mantenza no lar de orixe. Non se enganen, ninguén emigra por gusto. Por pracer un pode viaxar, pensando sempre no regreso. Non, un emigra sempre por necesidade, resultado dun acto violento (a negación de traballo, a discriminación política ou cultural, relixiosa ou simplemente diferencialista). Cando un emigra, levado por la carencia económica, polo afán de descubrir mundos novos onde o propio non resulta de xeito (pola razón que sexa) ou pola necesidade de fuxir dun ambiente que oprime ou persegue, que son estas as tres razóns que eu considero únicas para emprender unha migración, un non sabe moi ben o que lle espera do outro lado das fronteiras" Xavier Queipo. Bruxelas, abril 2017.

*"Na súa decisión de documentar este gran Éxodo buscando galegos arredor do mundo, o fotógrafo Delmi Álvarez inspirouse, quizais, noutros grandes ensaios fotoxornalísticos, tales como o pequeno, pero altamente influínte, proxecto que durante a Gran Depresión estadounidense retratou de xeito realista os desafíos da pobreza rural, ou a longa cobertura de Philip Jones Griffiths da Guerra de Vietnam que deu lugar ao seu libro seminal Vietnam Inc.

Nunha época na que os medios electrónicos ofrecen só unha mirada superficial aos acontecementos históricos e contemporáneos importantes, tornouse cada vez máis necesario que os fotoxornalistas aborden proxectos difíciles e a longo prazo. Ao optar pola Diáspora Galega, Álvarez elixiu buscar descendentes de galegos que, como eses outros celtas, os irlandeses, se uniron ao éxodo do século 19 dende unha empobrecida Europa ás Américas e ao resto do mundo"*. Ian Berry. Magnum Photos. Londres, marzo 2009.

 ____

Editorial: DELMI ÁLVAREZ 2022

Idioma: Castellano