Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

FOTOFRAFÍAS DE ALFREDO CUNHA. CATRO TEMPOS 1970-2008

€15,00
ISBN

Alfredo Cunha o  fotógrafo da revolución do 25 de abril de 1974.

Un fotógrafo comprometido, que plasma como poucos a través das súas fotografías as desigualdades sociais, as inxustizas e a busca da liberdade

 

A tradición familiar levou a Alfredo Cunha ao mundo da fotografía.
O seu avó e o seu pai eran fotógrafos. Nese ambiente aprende o oficio que o converterá nun dos fotoperiodistas máis representativos de Portugal. Dende os 18 anos traballou para os xornais e axencias máis importantes de Portugal. Na actualidade é editor grafico do Xor-nal de Noticias.
Comprometido coa oposición á ditadura retratou o proceso revo-lucionario comezado polos militares o 25 de Abril. Foron anos intensos onde coa cámara se retrataba o cambio transformador da sociedade portuguesa. Fotografar era testemuñar un compromiso.
É o cronista da sociedade portuguesa dos últimos anos. Nas súas imaxes vemos o proceso descolonizador, a Revolución de abril, a vida cotiá dos portugueses, as súas festas.
Retratou xenialmente o Norte, como el o chama. Os últimos pasos dunha sociedade rural que aínda mantén as súas sinais de identidade.
Gosta do branco e negro, e é aí onde sente a súa máxima expre-sión. As súas imaxes son miradas de quen observa con respecto ao mundo que o rodea e nolo mostra para que sexamos cómplices. Consegue dominar a linguaxe da luz e trasmitir certa maxia do que retrata.
Dificilmente se coñecerá Portugal se non coñecemos a obra de Alfredo Cunha. Coa súa mirada conseguimos amar máis a este pais irmán.

____

Editorial: DEP CORUÑA 2008
Idioma: Galego
Páxinas: 84
FOTOGRAFÍA
PORTUGAL