Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GALICIA LATENTE. A GALICIA DO PRESENTE

€30,00
ISBN 9788409554379

A cultura é aquilo que chamamos "nós".

Galicia latente é un estudo-libro de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples REALIDADES que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Edu- ardo de Martís e componse de 200 páxinas, 218 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos.

Conta cunha introdución antropolóxica de Rafael Quintía de 30 páxinas, onde se fai unha análise dos diferentes fitos etnográficos que compoñen a cultura galega no presente.

As oportunidades, os retos, o patrimonio (material e inmaterial), as costumes, as crenzas, os valores individuais dentro da colectividade; son características que constrúen a identidade. Aquelo que fai que cada persoa sexa especial e poida ir máis aló de "encher o molde"

No libro trátanse os diferentes fitos culturais da actualidade. Procura, logo, ser unha xanela aberta a unha Galiza diversa, moderna e con potencial de futuro, lonxe de tópicos e estereotipacións que a reducen a unha foto fixa das tradicións. Galicia Latente conta un relato novo/actual, da man de persoas anónimas -un grupo de mocidade xogando á baralla, unha veciña de Vilardevós, vendedoras de grelos na estrada N-550...-, e tamén da man doutras máis coñecidas, como Elena Ferro, renovadora dos zocos tradicionais, as compoñentes dos grupos Fillas de Cassandra ou Tanxugueiras, o poeta Ismael Ramos ou a chef Lucía Freitas. Todas elas configuran xeitos de facer evolucionar a tradición

Neste relato de latexos culturais emerxentes, os espazos, rurais, urbanos e rururbanos -o monte, centros cul- turais, unha escola unitaria, un edificio biodinámico...-, tamén son testemuñas importantes do latexar; e non se foxe dos lugares de conflito -os cazadores, os eucaliptos e o negocio da madeira, a eólica e a mobilización veciñal por unha transición enerxética xusta, industrias como Alcoa en Xove, Inditex e o seu achegamento a elementos culturais de Galiza-, porque, a ollos do autor, o conflito e as contradicións inherentes á condición humana son ig- ualmente parte da Galiza do presente

O fío que une a meirande parte das fotografías deste libro é a innovación desde a tradición; a evolución cultural, social e económica. Por iso a cámara do fotógrafo Eduardo de Martís coloca o obxectivo sobre quen enraíza forte no chan e conecta con outros mundos. Especial presenza teñen, xa que logo, proxectos de emprendemento, moitos deles impulsados por mulleres, que lle dan unha volta aos saberes tradicionais. Neste mesmo sentido, o libro procura visibilizar o valor do micro: esas ideas que nacen no local pero que non deixan de formar parte da universalidade

 ESQUEMA:
1 TERRITORIO; orografía, clima, ecosistema, natureza.
Tomamos a terra como eixo patrimonial da cultura. A terra como útero-nai xestadora da vida.
2 ECONOMÍA E OS RECURSOS; recursos naturais, oficios, aproveitamento, evolución, gastronomía.
Os recursos naturais e culturais como motor de sustentabilidade.
3 PAISAXE; visión, conceptualización, enclave, escea.
A paisaxe aporta a relación das persoas co espazo.
4 PATRIMONIO; valores, respecto, tolerancia, diversidade, espiritualidade.
Os valores como ferramenta de entendemento e convivencia.
6 Cultura; lecer, compartir, sentir, folclore, celebración, exaltación, inspiración.
O lecer xera a expresión intelectual, o coñecemento de acordo ao contexto dun pobo.
5 CULTURA; as costumes, os valores, o grupal, a expresión.
Os valores sociais enraizadas no territorio xeran a cultura.
6 IDENTIDADE; idioma, singularidade, diferenza, apego, enraizamento.
A identidade como valor de diferenciación e de construción de realidades.
7 LINGUA: metalinguaxe, xiros de expresión empatía, precisar
O entendemento entre territorio e sociedade como canle de comunicación e harmonía.
8 SOCIEDADE; organización (familia, amizades, comunidade), estrutura, irmandade, transmisión cultural, convi- vencia, xerarquía.

Galicia latente son os latexos de vitalidade da cultura galega.
Galicia latente” é unha iniciativa creada e dirigida por Eduardo de Martís. Está composta por un estudo-libro en fotografía sobre a cultura galega no presente, e dúas iniciativas para a súa difusión. Un museo itinerante; “Museo latente”, e unha fototeca online; “Fototeca de Galicia”.
Conta co asesoramento antropolóxico de Rafa Quintía, co apoio institucional do Museo do Pobo Galego, e coa mentoría da Fundación Paideia Galiza xunto co Fondo Social Europeo e a EOI.

____

Editorial: Eduardo de Martís 10-2023
Idioma: Galego