Jules David-Cavaz en Galicia (1882)
Ven a luz, por vez primeira, os rostros de profesores e alumnos da Universidade de Santiago retratados en 1882. Son as primeiras imaxes en grupo desta institución. O seu autor é o fotógrafo francés Jules David-Cavaz e foron localizadas polo Arquivo Histórico Universitario. A partir deste achado, o fotohistoriador Carlos Castelao leva a cabo un revelador estudo das persoas fotografadas, da propia Universidade de Santiago en 1882, e do moi descoñecido autor Daviz-Cavaz. Este volume publica máis de 150 fotografías daqueles días de 1882, a maior parte delas, descoñecidas. Un documento único.
____
Editorial: Alvarellos 2022Idioma: Galego