Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA

€15,80
ISBN 9788484874041
Que libros demostran que os feminismos deixaron a súa pegada nas obras literarias para nenas e nenos? Que grupos de mulleres comezaron a traballar a prol da coeducación e dunha literatura igualitaria en Galicia?

Velaquí as dúas preguntas a partir das que nace este ensaio. Un ensaio que quixera abrir ventás, recuperando nomes de activistas, de críticas e de autoras, mais que sobre todo pretende afondar nalgunhas obras que apuntan determinadas tendencias, mostrando que os feminismos serviron na literatura infantil para que aumentasen as rapazas protagonistas (e os xeitos de selo) que aparecían nas obras literarias e para reivindicar e reler escritoras. Ademais, as angueiras das mediadoras e das autoras feministas permitiron cuestionar a calidade e os valores das narracións destinadas á infancia e á mocidade, posibilitaron novas temáticas, deron presenza aos personaxes LGBT ou privilexiaron outros xeitos de ser nenos e mozos que escapasen aos corsés do xénero. Todo isto facilitou a creación dun lectorado máis crítico, máis imaxinativo e tamén máis empático. Por isto, este é un libro sobre libros que pensa que a literatura aínda pode cambiar o mundo. Montse Pena Presas (Sada, 1981) é doutora e licenciada en Filoloxía Galega pola USC, onde imparte aulas na área de Didáctica da Lingua e da Literatura. Como investigadora está especializada en literatura infantil e xuvenil, educación literaria e estudos de xénero. Autora de diferentes materiais didácticos, do ensaio divulgativo Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño (2013) e de diferentes investigacións sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres, exerce tamén a crítica literaria en medios coma o Faro de Vigo, Grial ou a Radio Galega. Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia é unha obra que recolle parte substancial da súa tese de doutoramento, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Silva.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego