Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York, 1969), os avances en relación á situación das persoas LGBTI son innegables en practicamente todas as sociedades que se consideran a si mesmas desenvolvidas, máis queda aínda moito por conseguir.
Neste libro, coordinado por MARÍA VICTORIA CARRERA FERNÁNDEZ e Nazaret Blanco Pardo, achéganse traballos onde se nos amosa a durarealidade que ten que enfrontar este colectivo: discriminación, violencia, dificultades de integración, etc., á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre de discriminacións e violencia.
______
Editorial: Galaxia 01-2024
Idioma: galego