Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A COR PÚRPURA

€23,00
ISBN 9788419795076

Celie,  «pobre, negra e fea», vive no sur dos Estados Unidos, casada cun home violento a quen teme e odia. Namentres, a súa irmá Nettie vaise de misioneira a África. Coa esperanza de reencontrarse e para liberarse da dor, ambas manteñen durante trinta anos unha correspondencia que non espera resposta: Celie escríbelle a Deus, e Nettie escríbelle a Celie unhas cartas que nunca recibe porque llas agacha o seu marido.

Traducido por Moisés Barcia

Alice Walker (Eatonton, Georgia, Estados Unidos, 1944) é unha escritora e activista, coñecida polo seu perspicaz retrato da vida e cultura afroamericanas. Gañou o Premio Pulitzer e o National Book Award en 1983 pola súa novela A cor púrpura, levada ao cinema por Steven Spielberg. Escribiu máis de trinta obras entre novela, poesía e ensaio, nas que reflicte a súa militancia na defensa polos dereitos civís e a súa loita contra o racismo e o sexismo.

_____

Editorial: Rinoceronte 10-2023
Idioma: Galego