…Repil, 20 de abril de 1949 é como escavar os alicerces do Museo do Pobo Galego e atopar debaixo unha inmensa foxa común da que ninguén nos falara. A aldea dos nosos avós convertida no escenario dunha película de terror, con asasinatos, delacións, torturas e detencións arbitrarias. Como O Labirinto do Fauno, de Guillermo del Toro.
Mais Repil, 20 de abril de 1949 tampouco é simplemente unha crónica de aldraxes. É unha crónica da resistencia. É a resistencia da guerrilla, aniquilada con violencia exterminadora semellante á doutros réximes fascistas da época, só que aquí persistiu como en ningures, até 1965. É a resistencia de dona Teresa volvendo á súa casa despois de pasar polo cárcere –a mesma casa que acolleu a guerrilla en 1949–. Son os campesiños que se organizaron desde comezos do século XX para cambiar o país…
Limiar
(Alfredo González Ruibal, Premio Nacional de Ensaio 2024)
_____
Editorial: Positivas 07- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 340
GUERRILLAS
GUERRA CIVIL
HISTORIA