Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MEMORIA DO VIGO PROLETARIO. 50 ANIVERSARIO DA FOLGA XERAL DE SETEMBRO DE 1972

por AA. VV.
€24,00
ISBN 9788491519270

A FOLGA DO 1972, XERME DO CAMBIO POLÍTICO

50 anos dunha das folgas xerais máis importantes de Galicia
O 11 de setembro de 1972 unha folga xeral paralizou a comarca de Vigo durante dúas semanas, unha acción do movemento obreiro en plena ditadura franquista.
A industria de Vigo mantivo durante más de dúas semana unha folga xeral que chegou a sumar máis de 15 mil traballadores.
O 6 de setembro o comité de empresa de Citroën Hispania reivindicou a xornada de 44 horas na negociación do convenio colectivo e convoca os primeiros paros.
As mobilizacións comezaron con reivindicacións do persoal de Citroën, que axiña sumaron a solidariedade de todo o movemento obreiro vigués, que ese mesmo día estendeuse a outras empresas da cidade e con enorme rapidez a gran parte da comarca durante dúas semanas.
Nese período houbo unha forte represión policial, a represión adquiríu un carácter brutal, como pasou ao final da folga de Vigo. con despedimentos masivos, dos que se concretaron máis de 400 (foron enviadas 6.000 cartas).
O comenzo da folga?
Un movemento en cadea de despedimentos e despois unha folga de solidariedade que paralizou a industria da cidade.
En Vigo parou toda a industria e tamén o transporte público, o Vitrasa, pero a pesar de todos os esforzos os comerciantes e os sectores tradicionais da burguesía non se uniron.
Evolución e represión
Houbo centos de detidos, moitos torturados. 5 mil despedimentos, porque nun momento dado ameazouse con que quen non se reincorporase sería despedido. 200 non foron readmitidos nunca máis, mesmo se crearon listas negras e moitos tiveron que marchar da cidade.
"Na folga chegaron a gastarse 200 mil folios, que eran 400 mil octavillas, producidas nun soto de Beade. E había un sistema polo cal todos os barrios da cidade eran cubertos de panfletos a primeira hora"
Remate e consecuencias
A folga desactivouse 15 días despois do seu comezo, pero tamén se anularon a meirande dos despedimentos. Houbo unha gran represión pero o movemento obreiro e sindical saiu reforzado.
Sen as mulleres a folga non sería posible
As mulleres reivindican o seu papel na histórica folga do 72 en Vigo: "Non se puido soster sen elas". O seu traballo como alicerces de apoio aos represaliados e as súas familias foi "imprescindible" e, ás veces, incomprendido.
"A historia sempre silenciou o papel das mulleres, e coas folgas do 72 pasou o mesmo", sinalou a secretaria xeral de CC.OO. en Galicia (a primeira muller que ocupa ese cargo), Amelia Pérez, que engadiu: "Pero sen elas, a folga de setembro, e outras, fosen imposibles".
O documental
O documental Vigo 1972 dirixido por Roi Cagiao que conta a histórica folga obreira, arrasa nos cines de Galicia.

 

O libro MEMORIA DO VIGO PROLETARIO.

Velaquí unha crónica rigorosa daquel setembro vermello vigués de 1972 do que se celebra o 50 aniversario.

A maior mobilización obreira da historia de Galicia en que, do 9 ao 26 de setembro, máis de quince mil obreiros foron á folga e reivindicaron polas rúas da cidade os seus dereitos fronte ao réxime franquista. Aquelas multitudinarias xornadas de solidariedade e protesta deron lugar a unha feroz represión patronal e policial, con centos de despedimentos, ducias de detencións e torturas.
Este libro quere recuperar aquel esquecido espírito do 72, a orgullosa e reivindicativa conciencia de clase daquel proletariado olívico, e, asemade, homenaxealo, para que sirva de exemplo e semente para as xeracións futuras.poden amosalo.

____

Editorial: Galaxia 10-2022
Idioma: Galego