Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A VIOLENCIA EXCEDENTE

€9,00
ISBN 978848487088X
“Para os que non acreditamos no “Mundo de Sofía”, nin aínda menos, no de “Alicia”, ler filosofía en Galiza, con bastante frecuencia, é motivo de depresión cando non de cabreo. Por iso, atoparse cun texto como “a violencia excedente” equivale a ese pulo de ar fresco que ventila e dá vida á podremia dos espazos longo tempo pechados.

Outro segundo motivo contribúe a que saudemos e nos felicitemos pola aparición dun libro como este dada a necesidade que ten o país de que nel se fagan obras de temática universal e con pretensión de construír puntos de vista para a macroanálise que van máis alá da realidade galega. A violencia excedente, froito dunha conferencia pronunciada polo autor na Universidade de Bolonia nun congreso sobre a paz, non trata de todo o fenómeno da violencia, limítase a analizar toda esa agresividade desproporcionada e irracional que o autor, con metáfora expresiva e axustada cualifica de violencia excedente. O requintado rigor analítico co que está escrito, non debe facernos esquecer que estamos diante dun libro esencialmente político e que, por dereito propio, pertence a ese xénero tan escaso e necesario de “literatura de combate”.

Marcial Gondar.

Premio a Crítica Galicia 2006

____

Editorial: Laiovento 2006
Idioma: Galego