Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DICIONARIO DO GALEGO DO BIERZO

€10,00
ISBN 9788481589849

Unha obra publicada pola Universidade de Vigo no 2023. Recompilado por Sara Rodríguez Fernández, recolle ao longo de 265 páxinas quince mil palabras de uso habitual na lingua galega do Bierzo. O dicionario recolle voces dos concellos de Arganza, Barxas, Borrés, Carracedelo, Camponaraia, Candín, Carucedo, Corullón, Oencia, Ponte de Domingos Flórez, Toural dos Vaos, Trabadelo, Valboa, A Veiga de Espiñareda, Veiga de Valcarce e Vilafranca, así como dalgunhas pedanías dos concellos de Fabeiro, Peranzais e Ponferrada.

O Dicionario do Galego do Bierzo xorde da necesidade de recoller e de recompilar nunha mesma obra o léxico que tantas persoas empregaron, e empregan sen moitas veces ser conscientes, ao longo da súa vida. Grazas ao pobo, hoxe en día, pódese gorzar de falas que contan con influencias de lenguas próximas á comarca. O Bierzo destaca pola su variedad lingüística debido a converxencia da lingua galega, propia e histórica da metade occidental, e da lingua leonesa, propia e histórica de metade oriental, así como que se superpuxo o castelán oficial. Debido a propia historia do Bierzo e a  súa relación con Galicia, a lingua galega desempeña un papel máis siñicativo na fala do Bierzo.

Grazas aos investigadores e ás investigadoras que están a estudar a situación das falas na comarca do Bierzo e grazas ás persoas que seguen creando obras nas que recompilan o léxico que tanta xente empregou e segue empregando actualidade, conseguirase deixar un legado lingüístico significativo para que as xeracións futuras sexan conscientes da riqueza que existe na comarca do Bierzo. O pobo é o responsable de crear as falas e, polo tanto, as linguas. Deste xeito, as falas do Bierzo seguirán evolucionando e cambiando ao longo do tempo, polo que, esta obra nunca terá fin e estará aberta a admitir con ledicia novos termos. O Dicionario do Galego do Bierzo recolle o léxico galego do Bierzo co fin de que non se perda e de que perdure para sempre, tanto nas mentes coma nos corazóns. Espérase que o galego siga presente na cultura e na fala bercianas e que, con persistencia, constancia e amor pola terra, pola tradición e pola lingua, se sigan engadindo termos que mostren a presencia da lingua galega a este Dicionario do Galego do Bierzo.

___

Editorial: Universidade de Vigo 11-2023

Idioma: galego