Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PERMACULTURA

€19,90
ISBN 9788412463590

Quen pense que a permacultura ten que ver con disposición da horta, baños composteiros ou bioconstrución, está no bo camiña, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai máis alá e cuxa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidaddes e a buscar redes.
Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista no eido da permacultura e a transición ecosocial, Alexandre Grande Babarro présentanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos vivos en Galicia (actualizados nesta 2ª.ed revisada) que se basean, dun xeito máis ou menos consciente, nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e sitématica mundiais.

Velaquí unha caixa de ferramentas coas que facer fronte á crise ecolóxica, social e sistémica mundial.

Atoparemos neste libro unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos e recursos. O autor completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos activos en Galiza que traballan cara á transición. Coñecer esta vangarda galega servirá de estímulo ao empoderamento e o emprendemento doutros proxectos de transformación ecosocial. Con esta obra non coñecerás só os trazos puramente ecolóxicos da permacultura, senón tamén os aspectos sociais, económicos e persoais. Ademais de vivirse no campo e na natureza, a permacultura vívese nas relacións entre as persoas e coa contorna, e nas iniciativas de comunidade. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor Ademais dun sistema de deseño, a permacultura converteuse nunha filosofía de vida. Os seus principios e éticas sérvennos para habitar este planeta dunha forma máis responsable. Velaquí unha caixa de ferramentas coas que tomar conciencia e actuar cara a unha mudanza ecosocial necesaria. Quen pense que a permacultura ten que ver coa disposición dos cultivos ou con bioconstrución, vai por bo camiño, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai moito máis alá. A súa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidades e a tecer redes. Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista, pero sobre todo desde a curiosidade cara a proxectos que apostan por outro mundo posible, Alexandre Grande Babarro preséntanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos asentados en Galicia que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e sistémica mundiais. Alexandre Grande Babarro, galego, nado en 1985. Xunta a toda a unha experiencia práctica en distintos contextos e lugares do mundo un constante proceso de aprendizaxe que o levou a formarse en permacultura, deseño de ecoaldeas, transformación ecosocial e metodoloxías de proxectos en institucións como o Instituto Chileno de Permacultura, Gaia Education, o Instituto de Permacultura Ná Lu’um ou a Gaia University. En 2014, cofunda en Vigo o proxecto Ecolectivo, unha iniciativa multidisciplinar de carácter experimental baseada na ecoloxía e outros ámbitos ecosociais, hoxe en día un dos espazos de referencia en permacultura no territorio español. Entre 2015 e 2019 asume a coordinación xeral en Europa do Instituto de Permacultura Ná Lu´um, facilitando numerosas formacións en diversos proxectos e países.    

____

Editorial: Catro Ventos
Idioma: Gallego