Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

TARACEA MARROQUÍ 1935

€21,50
ISBN 9788491517740

Recóllense neste volume as reportaxes escritas desde diversas perspectivas, todas elas con interese e non exentas de actualidade, na brillante prosa blancoamoriana, de grande altura literaria. Van acompañadas de vinte e seis fotografías artísticas do propio autor que, como é sabido, nunca se separaba da súa cámara Voigtländer, sempre atento ás paisaxes —neste caso urbanas— e aos retratos psicolóxicos. Encargouse da presente edición Xosé Enrique Acuña, autor dun esclarecedor estudo que contextualiza e afonda nos traballos e as fotos de Blanco-Amor.

Iniciamos con este libro, a Deputación de Ourense, a Fundación Blanco-Amor e a Editorial Galaxia, a colección EB-A. Xornalismo e fotografía, que permitirá achegar celmentos froitos dun dos grandes das nosas letras.

______

Editorial: Galaxia 2022
Idioma: Galego