Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

PÉREZ. HISTORIA DUN TRIUNFO

€17,50
ISBN 9788491517559

Sen afastarse nunca do sentido do humor,

apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúcenos nun relato áxil a través de vidas entrecruzadas. Un home de pro, machista militante e con éxito social, unha esposa sometida, unha nai rebelde, dúas migrantes vítimas do mundo da prostitución, outras dúas mulleres procedentes do rural abocadas ao servizo e unha moza urbana que conta coas ferramentas para revolucionar o mundo, dan forma a esta historia de supervivencias.

Cada unha das protagonistas, e todas xuntas, vanlle dar un novo sentido ao concepto do triunfo. Daquela, estamos tamén ante unha historia de xustiza poética, de rebelión, de esperanza.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego