Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O SEGREDO DE AL'EUME

€15,50
ISBN 9878412458602
Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?

IV PREMIO MARÍA VICTORIA MORENO DE LITERATURA XUVENIL.

Pilar Ortega Pereiro nace en Vigo no ano 1975. Estuda Enxeñería Industrial e, dende o ano 2001, exerce como docente de Tecnoloxía no ensino secundario. Dende ben pequena compaxina a súa paixón polas ciencias puras coa necesidade de expresar o seu mundo a través da escrita. Por iso, cando escribe, intenta dar con ese lugar misterioso onde se atopan a matemática e a poesía. Aínda que cambiou de opinión sobre moitas cousas na súa vida, dende que aos doce anos leu O Principiño, este segue a ser o seu libro favorito. Prefire os relatos curtos ás novelas longas e encántalle escoitar poesía.Varios dos seus contos foron premiados en concursos literarios e están recollidos dentro de volumes colectivos: “París de Oito a Nove” (Xerais, 2001), “O soño do peneque” (Baía Edicións, 2011), “Sereo”, "Vigófono" e "Noites de voda(ou non)" (Editorial Elvira).No seu haber conta co XII premio de Microrrelato Carlos Casares, o 2º premio de Novela Curta do concello de Soutomaior pola obra Virxinia(Xerais, 2008)), o XIX premio de narración curta Ánxel Fole por Principio de Incerteza( Xerais, 2018) e o IV premio María Victoria Moreno de Narrativa Xuvenil pola novela O segredo de Al'eume.

____

Editorial: Cuarto de inverno 2021
Idioma: Galego
Colección: XUVENIL