Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

NAZISMO E CLASE OBREIRA 1933-1993

€17,95
ISBN 9788484877233

En Nazismo e clase obreira 1933-1993, Sergio Fontegher Bologna fálanos do papel da clase obreira nos anos anteriores e posteriores á toma do poder nazi. Ao analizar as condicións de vida das persoas traballadoras e os acontecementos máis cruciais do período (desde o masacre obreiro de Berlín en 1929 até a historia das bandas de rúa xuvenís antinazis e as redadas das SA nos bares obreiros dos suburbios) en anos que foron en realidade de conflito en ascenso, o libro desmonta o xuízo tradicional da historíografía, segundo o cal a clase obreira e o proletariado alemán inclináronse perante Hitles sen opor ningunha resistencia. Unha visión substancialmente inxusta, que non ten ningún respecto pola realidade. A loita antifascista era un obxectivo real e concreto perseguido polas organizacións obreiras alemás, malia todas as limitacións que padecían por insuficiencia de medios para tal fin. Contra elas, o nazismo desenvolverá diversas e complexas estratexias de "entrismo" para separar os intereses de clase, dividir as conciencias e, en última instancia, desgarrar o tecido da clase traballadora.

_____

Editorial: Laiovento 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 175
HISTORIA
ENSAIO