Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

MULLERES DE ROCHA E AREA

€17,00
ISBN 9788418136788

Amelia e Verónica levan una vida despreocupada, vivindo a conta das súas respectivas parella, ata que un día deciden procurar emprego nunha agrupación de marisqueo a pé, primeiro en Vilanova de Arousa e despois en Carril. A partir dese momento terán ocasión de coñecer a realidade do traballo das persoas que exercen este oficio, maioritariamente mulleres, desbotando os conceptos preconcebidos de ser o marisqueo unha ocupación considerada tradicionalmente como propia de mulleres dos estratos máis desfavorecidos da socieade, e descubrindo a realidade dunhas persoas modernas, activas e innovadoras, que reinvindican os seus dereitos, están orgullosas dos seu traballo, e loitan por melloralo e coidalo, cun respecto moi grande polas regras dun aproveitamento sostible dos recursos mariños. Para Amelia e Verónica, este coñecemento vai influír na decisión de cambiar as súas vidas, ainda que collan rumbos moi diferentes.

____

Editorial: Fervenza 2022
Idioma: Galego