Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HISTORIA DE DOUS AMANTES

€18,00
ISBN 9788417388881

O motivo de escribir o relato é compracer unha petición que lle fixera o seu amigo Mariano Sozzini: narrar unha historia de amor, ficticia ou real. Piccolomini confesa que optou pola segunda posibilidade: vai contar a historia dos amores adúlteros entre un home do séquito do emperador Sexismundo, chamado Euríalo, e unha muller casada, de nome Lucrecia. Indica tamén que se vai basear nunha relación amorosa que Kaspar Schlick, a quen vai dedicada a obra, tivo durante unha estadía en Siena. Con isto o autor inscríbese nun uso narrativo típico da Idade Media, que chegou ata o Renacemento e mesmo ata os nosos días: asegurar ao lector que o que se vai contar é un feito verídico. Un dos escritores que se valeu desta declaración de verosimilitude nos seus relatos foi Giovanni Boccaccio (1313-1375), en cuxo Decamerón identificamos un dos espellos no que Piccolomini se mirou á hora de compoñer a súa Historia. Enea Silvio Piccolomini era un home que coñecía moi ben a literatura clásica, en particular a latina. Foi un ávido lector de Virxilio, Cicerón e Ovidio. Na Historia de dous amantes foi espallando varias das súas referencias literarias clásicas, coa idea de que o lector culto gozase dun tecido narrativo que case poderiamos cualificar de hipertextual.

____

Editorial: Rinoceronte 10-2022
Idioma: Galego