Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GUÍA DEFINITIVA DOS MAMIFEROS DA GALIZA

€22,00
ISBN

A Guía definitiva dos mamíferos da Galiza é unha obra de divulgación total, da que poden gozar tanto as crianzas coma os adultos, tanto os espíritos románticos como os sistemáticos.
O obxectivo desta Guía
Queremos que as nosas lectoras e lectores se fagan unha idea (boa) de como é a fauna de mamíferos da Galiza. Isto supón dar a coñecer aos mamíferos ignorados, aqueles nos que ninguén repara. E porque gostamos dos desafíos, das causas perdidas e de levar a contraria, a Guía reivindica aos animais perseguidos e deostados: aos roedores, aos morcegos, ao xabarín, ao lobo..

Por que esta Guía?
Esta guía quere ser unha homenaxe ás persoas que estudan os animais de portas para fóra. No campo, no monte, na selva, no mar. Unha homenaxe a unha caste, unha liñaxe que disque está a desaparecer por causa dos avances tecnolóxicos destes últimos tempos. Unha homenaxe logo aos últimos moicanes da zooloxía de campo e moi especialmente ao noso amigo Rafael Romero "Chiño".

Os contidos
Esta guía describe 30 animais mamíferos dos campos e montes da Galiza e recolle algúns dos poemas, contos e fantasías que eles protagonizan. Cada mamífero leva:
*Adescrición da súa feitura e da súa ecoloxía
*Un feixe de símbolos
*Unha ilustración marabillosa a páxina completa
*Un poema ou canción linda
*Un conto metade real metade fantástico

Nacho Munilla e Pancho Lapeña comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Tan improbable circunstancia explica o nome que lle dan ao seu proxecto editorial conxunto: sorianourensana de libros.

Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación das paisaxes nas que os mamíferos viven. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a docencia da filosofía. Pancho é un agudísimo observador da natureza, Nacho deféndese mellor na elaboración teórica.

___

Editorial: Autores
Idioma: galego
Tapa dura, color.
Páxinas: 120