Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FESTA NO XARDÍN

€18,00
ISBN 9788417388720

Durante os preparativos da festa dos Sheridan, Laura, a filla menor, sabe da morte dun veciño, un carreteiro apelidado Scott. A rapaza dá por sentado que a súa nai anulará a festa como mostra de respecto, pero equivócase. Esta aguda descrición da vida británica atópase no conto ‘Festa no xardín’, que dá título a este volume.

Nestes relatos atopamos nenos que miran sen comprender o mundo dos maiores, personaxes que non acaban de atopar o seu lugar no mundo e familias que vagan perdidas cargando co seu medo a vivir. Pola súa sutileza poética, Katherine Mansfield é considerada un referente da literatura modernista en lingua inglesa e foi comparada con Chékhov e os realistas rusos.

 

Traducido por Estela Villar Nogueira.

Katherine Mansfield Beauchamp (Wellington, 1888 Fontainebleau, Francia, 1923) é a autora neozelandesa máis internacional. Foi unha rebelde que viviu intensamente os seus 34 anos, nunha época en que os roles de xénero experimentaron un cambio radical.

En 1911 publicou a súa primeira escolma de contos, Nunha pensión alemá. A morte do seu irmán menor, Leslie, na Primeira Guerra Mundial devastouna, e atopou consolo na lembranza da infancia no seu país. Estes recordos transformáronse nalgúns dos seus mellores relatos. Na súa etapa máis prolífica enfermou de tuberculose. Neste periodo publicou dúas coleccións de relatos: Bliss (1920) e Festa no xardín (1922). A maior parte da súa obra viu a luz postumamente.

 

____

Editorial: Rinoceronte 2022
Idioma: Galego