Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela 1977, é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión.
Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña. Na Universidade da Coruña rematou Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer xa na adolescencia, a través de premios de poesía menores. Con 17 anos, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey de 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995). Ademais, obtivo o Premio Johán Carballeira por Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén foi Premio da Crítica Española en 1998.[
Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e formou parte do equipo directivo de Letras de Cal, unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos. Xunto a Olga Novo, codirixiu a revista de artes Valdeleite.
En 2023 gañou o Premio Nacional de Poesía polo seu libro Materia.