Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

DESAMARMOS O CAPITALISMO

€18,00
ISBN 9788412463514

Que significa amar? Até que punto o acto de amar está influenciado socialmente? Por que lle interesa ao capitalismo que entendamos o amor como algo restrinxido á esfera privada? Que ten que ver o amor coas nosas escollas conscientes cando mercamos unha prenda de abrigo , un quilo de laranxas...?

De todo isto fala Desamarmos o capitalismo. A partir dunha análise de conceptos do amor como algo privado , romantizado e consumible, para o que necesariamente trata conceptos como o xénero, a familia, a parella, a patria, as fronteiras e as raias, a sexualidade.... Lann Hornscheidt analiza as diferentes dimensións que ten o amor na nosa sociedade e como, mediante a súa repolitización e diversificación, podemos crear vínculos complexos coa vida doutras persoas.

Neste libro que desafía o binarismo de xénero e a redución do xénero á sexualidade, Lann combina ensaio, creación literaria e exercicios de reflexión para que vexamos que unha das accións máis políticas que poden existir é, precisamente, o amor.

 

____

Editorial: Catro Ventos 2022
Idioma:   Galego