Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

AZAMI

€16,00
ISBN 9788417388706

Aos seus 35 anos, Mitsuo Kawano traballa como editor nunha publicación cultural mentres espera fundar a súa propia revista de
Historia. Hai tempo que deixou de ter relacións sexuais coa súa parella e frecuenta salóns eróticos. Un día crúzase con Gorô Kida, un excompañeiro que se converteu no presidente dunha importante empresa, e con el asiste a un selecto club onde atopa unha antiga amiga da escola, a misteriosa Mitsuko, o seu primeiro amor. O encontro con Mitsuko, a quen chama Azami, coma a flor do cardo, esperta nel unha paixón inesperada e revive os seus desexos de xuventude.

Aki Shimazaki
Nada no Xapón en 1954, Aki Shimazaki vive no Canadá, onde dá clases de xaponés e escribe narrativa en francés, sempre con título nipón.

Entre 1999 e 2005 publicou unha pentaloxía, composta polos títulos Tsubaki, Hamaguri, Tsubame, Wasurenagusa e Hotaru, aclamada pola crítica e premiada en varias ocasións.

No ano 2013 rematou a súa segunda pentaloxía, e comezou outra, da que forman parte Azami, Hôzuki e mais Suisen, publicados en galego por Rinoceronte.


____

Editorial: RINOCERONTE 05-2023
Idioma: Galego