Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ANTESE

€11,85
ISBN 9788491517870
Premio Victoriano Taibo 2021

Dúas mulleres, nai e filla. Un lugar: o xardín. Unha condición: o crecemento. Unha pexa: o vencello que é ligadura. A partir de situacións cotiás, cunha poética baseada na linguaxe coloquial e nos símbolos dos medios dixitais, na música e na evocación de imaxes, Arancha Nogueira fai presente a circunstancia principal da vida: o acceso á liberdade.

O paralelismo entre a idea de natureza como xardín e a poesía como cultivo da linguaxe; a metáfora, aquí renovada, do abrollar como un rebentar emancipatorio, a arte como medio de liberación son algúns dos temas que outorgan a este poemario a levidade e a fondura dunha flor. No lugar había un ermo, Antese é un poemario sobre como cultivar un xardín.

____

Editorial: Galaxia 2022
Idioma: Gallego