Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A CÁMARA ESCURA

€8,75
ISBN 9788491515838

III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2020

Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir”. Pode recoller nunha foto toda a historia dunha dor? Pode borrarse unha foto e facelo coa dor tamén? Alicia envía unha foto e a instantánea vólvelle reenviada coma unha labazada. Alicia contra Alicia.

José Luis Baños de Cos preséntanos nesta peza un texto actual ao que se lle pode sentir o pulso da escena con diálogos áxiles a través dun rexistro de lingua próximo á mocidade. Porén, non faltan en A cámara escura referencias ao teatro clásico, como a figura do coro, transformado en grupo de WhatsApp, personaxe colectivo que revolve conciencias.

____

Editorial: Galaxia

Idioma: Galego