Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

7 HERBAS MÁXICAS

€22,90
ISBN 9788418966170
Se es amigo das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudable, coidarte de maneira natural, se estás preocupado polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY, e vives tanto nunha contorna rural como nunha urbana? este libro é para ti. Desfrutarás das historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal: a melisa, a herba luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera. Poderaste achegar ás súas propiedades e usos máis estendidos. E sobre todo, á súa aplicación práctica moi fácil. Poderás descubrir por ti mesmo todo o potencial que as plantas gardan para ti. Este é un libro apetecible, agradable de ver e de ler e, asemade, moi útil. Ademais de numerosos trucos herbais, levarás cinco preparados moi doados. Se tiñas dúbidas sobre como iniciarte no uso das plantas que te rodean para o teu coidado, acabas de coller o libro perfecto para empezar.
Entraranche as ganas de ir creando o teu propio balcón ou xardín de herbas para o teu benestar e de realizar os teus propios remedios naturais ideais para o estilo de vida de hoxe en día.
É unha obra que nace da conxunción do amor pola ilustración, pola arte de Nanda, e do amor polas plantas medicinais de Rosalía.

____

Editorial: Hercules 2021
Idioma: Galego