Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PESCADOR DE ISLANDIA

€15,00
ISBN WP2191
Pescador de Islandia é unha obra datada en 1886 que no momento da súa publicación supuxo un grande éxito para o autor, e que o fixo merecente do Premio Vitet ese mesmo ano. Converteuse deseguida nun libro de culto e coñeceu numerosas edicións.

Cun estilo impresionista, a novela evoca a Bretaña e o mundo dos pescadores, cuxas vidas xiran arredor das perigosas campañas da pesca de altura na distante Islandia. En paralelo preséntase unha conmovedora historia de amor de inspiración romántica, que se erixe en obxecto de exploración psicolóxica do complexo mundo dos sentimentos. O autor afonda deste xeito nas dúas vertentes da vida no mar: a do que marcha e a do que queda en terra, sometido a unha interminable espera marcada polo monótono paso dos días.O cambiante clima, o mar e as paisaxes dan pé a bucólicas escenas descritivas, nunha novela de alento clásico que consegue transmitir a dura realidade de Pempoull, unha vila bretoa de pescadores, así como as traxedias da vida.

____