Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O MAR E A MEMORIA. O EXPEDIENTE ARMESTO

€15,00
ISBN 9788484872214
O mar e a memoria. O Expediente Armesto, en que se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 ao gobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José Armesto Anta, destinado "ex profeso" á vila mariñeira de Malpica para investigar o clima refractario alí existente verbo do novo réxime xurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de 1936.

"A historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, das relacións sociais e das personaxes protagonistas ten, entre outras, a virtude de enriquecer as visións máis xerais, humanizándoas e, decote, situándoas nunha engaiolante clave heterodoxa. De todas estas características participa O mar e a memoria. O Expediente Armesto, en que se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 ao gobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José Armesto Anta, destinado "ex profeso" á vila mariñeira de Malpica para investigar o clima refractario alí existente verbo do novo réxime xurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de 1936. Os devanditos informes serviron de fío condutor para que, utilizando abundantes fontes arquivísticas, hemerográficas e bibliográficas, o autor constrúa unha historia de desafección e sometemento nunha localidade que vivira afervoadamente a experiencia republicana, tempo en que por primeira vez os poderes públicos tiveron en conta nas súas decisións a maioría social da vila representada polos mariñeiros. En realidade, o acontecido en Malpica, repítese en boa medida na maioría de vilas do litoral galego, en que as simpatías polo réxime democrático xurdido o 14 de abril de 1931 eran amplamente maioritarias e nas que as liñas de forza que determinaron o devalar político-social das súas respectivas comunidades piscatorias até o remate da Guerra Civil, son dabondo compartidas.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego