Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O INFERNO DO DEBUXANTE

€15,90
ISBN WP6159
En O inferno do debuxante, o autor introduce ao público lector nunha historia cunha trama abafante, a angustia dun creador que non chega a publicar ningunha das súas obras porque sempre hai antes alguén que xa a fixera.  Premio Castelao de Banda Deseñada  2014

Kiko da Silva é o gañador do IX Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. A súa obra “O inferno do debuxante” impúxose diante dos 13 orixinais presentados. O debuxante Manuel Pardo é o protagonista da historia coa que Kiko da Silva vén de gañar a novena edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, convocado pola Deputación da Coruña. En O inferno do debuxante, o autor introduce ao público lector nunha historia cunha trama abafante, a angustia dun creador que non chega a publicar ningunha das súas obras porque sempre hai antes alguén que xa a fixera. A obra de Kiko da Silva, un dos principais nomes da banda deseñada galega e director do centro de formación O Garaxe Hermético de Pontevedra, impúxose sobre os 13 orixinais presentados este ano, o maior número na historia da convocatoria. O premio do certame é de 6.500 euros máis a publicación da obra por parte da Deputación.

____

Editorial: Deputación da Coruña
Idioma: Gallego