Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

A CAUSA DO CRIME

Agotado
€12,00
ISBN WP2415
Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos.

Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas ás das investigacións policiais. Anunciamos a nova obra de Tokio, que chegará ao mercado a primeiros do agosto da man de Demo Editorial. Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo. O álbum conterá un enlace a Spotify e referencias dos temas musicais que inspiraron o autor para a realización do álbum.  

____

Editorial: DEMO

Idioma: Galego