En O Eco dos días rotos, o coruñés Alberto Taracido agasállanos cunha ledicia de novela gráfica na que, desde o realismo do debuxo e o contexto histórico dos anos setenta, descubrimos a vida cotiá no vello barrio coruñes de Labañou.
Un lugar tan salvaxe como próximo, onde os seus habitantes sobreviven ás treboadas do mar e ao temporal do franquismo. Nunha sorte de aventura costumista en clave de comedia coral, a vida no barrio cambiará o seu rumbo coa aparición dun novo e enigmático personaxe que fará tremer a veciñanza.
Aventura, humor, intriga e todos os sentimentos propios do ser humano mestúranse nesta historia humanista -digna dun autor en plena madurez artística- que cheira a salitre e a xente auténtica.
A obra, que xa está conquistando os mercados de países como Francia, Bélxica ou Suíza, amósanos que no barri máis recóndito de Galiza pode agocharse unha historia universal.
____
Editorial: DEMO 11-2025
Páxinas: 82
BANDA DESEÑADA