Barbara Thorson é un becho raro; non lle interesan as mesmas cousas que ao resto de rapaces da súa idade, é distante e solitaria, pasa os seus días enfrascada en xogos de rol, libros e, especialmente, matando xigantes co seu martelo de guerra máxico, Coveleski.
A protagonista aprenderá a afrontar os problemas da vida, sen evadirse da realidade.
Joe Kelly, Ken Niimura
Joe Kelly (Nova York, 1971) é autor de cómics e guionista. Traballou durante anos para Marvel Comics e DC.
Ken Niimura (Madrid, 1981) é un ilustrador de ascendencia xaponesa. A súa prolífica e diversa carreira abarca diferentes países e ámbitos, dende a publicidade ata os videoxogos.
En 2009 publicaron xuntos Eu mato xigantes (I Kill Giants), laureada internacionalmente e que tivo adaptación ao cine. En 2023 volveron colaborar na obra Inmortal Sergeant.
____
Editorial: Rinoceronte 05-2024
Idioma: Galego