Estás por riba do ben e do mal?
Pásalo ben facendo contactos para avanzar na túa carreira?
A vida adulta é un reto emocionante para o que te sentes completamente preparada?
Agh. Lisca.
Este libro é para o resto de nós. Estes cómics documentan como estragar marabillosas fins de semanas en internet, a inaturable agonía de ir da man pola rúa con quen che gusta, o desexo de chegar á casa para poñer o pixama e a cuestión de cando comeza exactamente iso de facerse maior. Dito doutro xeito, os horrores e incomodidades da vida moderna para a xente nova.
Sarah Andersen (1992) é unha ilustradora e debuxante de cómics estadounidense que se popularizou en internet cos cómics Sarah’s Scribbles, que comezaron a publicarse en papel en 2016.
Andersen colaborou co novelista Andy Weir na novela gráfica Cheshire Crossing, en 2019. A finais dese mesmo ano comezou un webcomic sobrenatural chamado Fangs, que tamén tivo versión en papel. O seu libro Cryptid Club (2022) foi nominado a dous premios Eisner.
Traducido por Clara Barcia González
____
Editorial: Rinoceronte 11-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 112
CÓMIC
FICCIÓN, NARRATIVA
HUMOR
AMIZADE
AUTOBIOGRAFÍA
VIDA ANIMAL