Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

50 RECETAS CON MORAS Y OTROS FRUTOS SILVESTRES

€16,00
ISBN 9788489323759
O primeiro receitario completo de España baseado na cociña con froitos silvestres. Propostas únicas para cociñar con amoras, grosellas, arandos ou framboesas O libro 50 recetas con moras y otros frutos silvestres (Alvarellos Editora) de Xesús Fraga ofrece unha panorámica dos múltiplos xeitos de empregar na cociña as coñecidas amoras, grosellas, arandos ou framboesas, pero tamén as uvas espiña ou as bagas do sabugueiro.

A meirande parte das propostas —magnificamente ilustradas coas fotografías de Ana Couceiro— son moi sinxelas e serven como base para outras elaboracións. Aínda que o protagonismo recaia no doce, tamén se inclúen unha presada de pratos salgados. Trátase do primeiro libro adicado por completo á cociña con froitos silvestres de todos os editados até agora no mercado español. Moitas son receitas de uso tradicional en cociñas de países como Inglaterra, Francia, Escocia ou Alemania; outras toman como referencia esa tradición ou a creación dun cociñeiro contemporáneo para explorar un camiño novo, e algunha saiu do maxín do autor. Marmeladas, tartas, todo tipo de postres, pratos salgados ou bebidas… Esta obra ofrece 50 ideas para darlle bo uso a ese cesto de amoras co que voltamos de dar un paseo polo campo ou rescatalas do conxelador para transformar unha receita en algo totalmente diferente. Estes son algúns dos suxestivos nomes das elaboracións: “Sopa helada de piña con sorbete de mora y galleta crujiente de almedra”, “Crumble de mora y manzana”, “Tarta de queso express con coulis de mora” ou “Milhojas de mora, frambuesa y chocolate blanco”. Xesús Fraga naceu en Londres en 1971. Dende 1996 traballa como xornalista para o diario La Voz de Galicia. Como escritor publicou relato —A-Z (2003)— e novela —Solimán (2004)—, ademais de traducir a autores como Vladimir Nabokov e Julian Barnes ó galego, a súa lingua literaria. O seu interese pola gastronomía principiou nos xantares familiares, onde na mesa se servían tanto curries como empanadas; na época de estudante afondou na procura de comer ben e barato, e agora consolidouse no gusto por coñecer e cociñar. 50 recetas con moras y otros frutos silvestres é o seu primeiro libro de cociña.

____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego