Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018
Entre 1925 e 1934, o grupo de excursionistas chamado Sociedade Amigos do Campo filmou unhas cen películas nas que amosaban o seu interese pola paisaxe. Películas de viaxes e excursións que, en vez de acontecementos excepcionais, recollen momentos intranscendentes
Idioma: Gallego
O ensaio de Fernando Redondo Neira parte dese rexistro fílmico, sen montaxe nin outros aditamentos, no que o azar se converte en traballo a prol dunha disgnificación. A reflexión sobre a imaxe en movemento trasládase dese xeito ao que se podería considerar unha teoría da percepción. O cinema como unha segunda oportunidade da memoria, unha segunda percepción do vivido. A imaxe dos protagonistas fórmase ao tempo na lembranza e no celuloide. A película é memoria feita cousas que se ergue ao mesmo nivel da vivencia. Para os membros da Sociedade Amigos do Campo, o gravado pola cámara Packard 9,5 mm de Alfonso Piñón supoñía a posibilidade de enfrontar lembranza e representación, pasado e presente, sensacións e significado.
Redondo Neira, Fernando
(Camporrapado, Boqueixón, 1971) é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Autor do libro Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta, co-autor de Galicia en NO-DO: comunicación, cultura y sociedade e coordinador do volume Cidadanía e documental. Publicou artigos en revistas como ZER. Revista de Estudios de Comunicación. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, L'Atalante. Revista de Estudios Cinematográficos e Historia y Comunicación Social. membro da Asociación Española de Historiadores do cine e da Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores da Comunicación. Premio María Lúz Morales de Esaios Cinematográficos e Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo. Presidente da Fundación Xosé Neira Vilas. Foto do autor: Lorena de Merlo____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego