Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

PODEN PENSAR AS MÁQUINAS?

€17,00
ISBN 9788418567902

A intelixencia artificial (IA) dedícase a percorrer o camiño que vai das máquinas carentes de entendemento ás que razoablemente podemos considerar intelixentes. Aínda que ten xa décadas de historia, cunha vida de altibaixos, se a comparamos con outros campos do saber é unha disciplina científico-tecnolóxica recente.

O físico Senén Barro é todo un experto en intelixencia artificial. Este 2026 Alvarellos Editora publica o seu ensaio Poden pensar as máquinas? onde, dun xeito divulgativo e ameno, nos introduce neste novo mundo que se abre ante nós.

O impacto que a IA está a exercer nas nosas vidas é de tal calibre que non paramos de nos asombrar e de formulármonos moitas preguntas. Isto é normal e, ademais, é bo que así sexa. Ao cabo, aínda que as máquinas nos dean cada día máis e mellores respostas, as preguntas –sobre todo as máis transcendentes– seguen a ser nosas.

Por iso este libro comeza cunha pregunta: Poden pensar as máquinas?, e discorre facéndose moitas outras: Que é a Intelixencia Artificial e como xurdiu? Son parecidos un cerebro e unha computadora? Alcanzarán as máquinas a superintelixencia?

Agardamos que atopen aquí algunhas respostas, mais sobre todo que estas páxinas lles susciten moitas máis preguntas…

ÍNDICE
Palabras previas
I. Declaración de intencións..
II. A conxectura da que naceu a intelixencia artificial...
1956: o nacemento da IA
Onde estamos e por que?
Os piares da IA
III. O nome e o seu significado...
Que entendemos por intelixencia artificial...
Nin tan intelixente nin tan artificial.
IV. E chegaron os modelos grandes de linguaxe
V. Medir a intelixencia, tamén nas máquinas..
O test de Turing revisitado.
Os intentos de superar o test de Turing
Extensións do test de Turing..
Que pensaría Turing dos modelos grandes de linguaxe?..
VI. Pensamento maquinal..
Por que preguntarnos se as máquinas pensan?
Que é pensar?
Pensan as máquinas?
Pensan as máquinas coma nós?...
Pensar e comprender máis alá dos modelos grandes de linguaxe...
VII. A onde queremos chegar?
IA xeral
Superintelixencia.
A última discontinuidade ...
A supercomputación non é superintelixencia.
O noso último invento...
Obxeccións á superintelixencia...
A máquina prodixiosa..

"Senén Barro Ameneiro (As Pontes, 1962) é doutor en Física (premio extraordinario), catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico de CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela). Foi reitor da USC (2002-2010), época na que impulsou o perfil investigador, innovador e emprendedor da universidade e onde se desenvolveu Campus Vida, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional en 2009, creándose os primeiros Centros Singulares de Investigación da USC. Membro da Real Academia Galega de Ciencias. Premio Nacional de Informática José García Santesmases 2020. É autor de máis de 300 artigos científicos e máis de 500 de divulgación e opinión en medios de comunicación."

 ____

Editorial: Alvarellos 02-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 133
INTELIXENCIA ARTIFICIAL
ENSAIO
DIVULGACIÓN